Cabo Faro Vilán
Alumeando todos os barcos que transitan por esta costa dende 1896, é unha visita imprescindible pola súa localización e pola historia que alberga o seu museo.
Situado a 75m de altura nun entorno de gran valor paisaxístico, este faro octogonal foi o primeiro eléctrico de España. Hoxe alberga un museo e unha sala de exposicións.
O Faro de cabo Vilán (1896), situado nunha contorna de gran valor paisaxístico e ambiental, está construído en cantería a 75 m de altitude e presenta unha planta octogonal, duns 25 m de altura, unida por un túnel a unha construción de planta cadrada cun patio interior, un edificio de dúas plantas e deseño simple que alberga diferentes dependencias. Este faro, o primeiro eléctrico de España, substituíu a un faro anterior (1854), emprazado nas proximidades, e que funcionaba a vapor. A súa construción acelerouse tras os afundimentos dos buques ingleses Serpent e Trinacria en 1890 e 1893 respectivamente, e polas presións do goberno de inglés. Na actualidade, é un dos recursos turísticos de maior proxección do municipio e alberga un museo e unha sala de exposicións temporais.