Camiño dos Faros
200 km ao longo do mar, percorrendo de leste a oeste, serás testemuña da maxia deste litoral, cos seus faros, aves, solpores e natureza virxe.
Camiño dos Faros
200 km ao longo do mar, percorrendo de leste a oeste, serás testemuña da maxia deste litoral, cos seus faros, aves, solpores e natureza virxe.

CATAVENTO DE CAMELLE
Obra de José María Kaidea, situada ao final do paseo marítimo, ofrece unha impresionante vista panorámica do lugar.

PRAIA DE CAMELLE
Con forma de media lúa, esta praia situada na entrada da vila, no paseo marítimo, é de augas tranquilas, ideal para o baño de nenos e nenas.

MONUMENTO ÁS COMPAÑÍAS DE SALVAMENTO E AOS NÁUFRAGOS
Unha áncora no paseo marítimo honra ás compañías de salvamento de Camelle e ás vítimas do mar.

PORTO DE CAMELLE
Un lugar na costa dedicado a actividades pesqueiras e marisqueiras artesanais, destacando polbo, abadexo, ourizo e percebe. Conta con lonxa propia.

MUSEO MAN DE CAMELLE
Un espazo que alberga a ampla e descoñecida obra de Manfred Gnädinger: pinturas, debuxos, fotos e esculturas atopadas tras o seu falecemento en 2002.

CASA - MUSEO DO ALEMÁN
Un museo ao aire libre creado polo artista Manfred Gnädinger nos anos 60. Un lugar de fantasía e paz onde creou a súa obra.

MERENDEIRO DO CURRO
Situado á beira do mar, no paseo marítimo de Arou, é un lugar estupendo para descansar dun paseo ou simplemente gozar das fermosas vistas.

PRAIA DE AROU
Unha das mellores praias urbanas para o baño, con forma de media lúa, augas tranquilas, area branca e resgardada do vento. Conta co distintivo de Bandeira Azul.