Natureza de Camariñas
Natureza de Camariñas

MONTE BRANCO / duna
Na ensenada de Trece ergue-se a duna rampante máis alta da península, cunha altura de 150m. Aos seus pés, florecen os arbustos de caramiñas

PRAIA DO TRECE
É un areal de máis de 1.250 m, onde chegaron os 3 únicos superviventes do afundimento do HMS Serpent (1890), nun entorno paradisíaco.

PRAIA AREA DA VILA
Situada aos pes da ermida da Virxe do Monte, e unha praia de entorno virxe con forma de enseada e augas tranquilas.

PRAIA ARIÑA BRANCA
Belida praia de area fina e augas limpas, resgardada do vento nordés, perfecta para disfrutar coa familia. Vistas fermosas da ría.

PRAIA DE AROU
Unha das mellores praias urbanas para o baño, con forma de media lúa, augas tranquilas, area branca e resgardada do vento. Conta co distintivo de Bandeira Azul.

PRAIA DE REIRA

PRAIA DE LINGUDE
Unha praia urbana de 200m, con forma de media lúa, de augas tranquilas e area branca. Ideal para a cativada, ten parque infantil.

PRAIA DE SANTA MARIÑA

PRAIA E ÁREA RECREATIVA DO ARIÑO
Unha praia moi popular, con vistas espectaculares sobre a ría, rodeada de un piñeiral tranquilo con zonas de lecer. Tamén é unha zona rica en marisco

PRAIA DE LOBEIRAS
Situada fronte a uns illotes, é unha zona de extracción de percebes moi visitada por bañistas e percebeiros locais.

PRAIA DE CAMELLE
Con forma de media lúa, esta praia situada na entrada da vila, no paseo marítimo, é de augas tranquilas, ideal para o baño de nenos e nenas.

PRAIA DE LAGO
Praia cun ambiente virxe. En forma de cala e base de area dourada. É unha praia con ondas moderadas e ventosa.

PRAIA DE LAGOA
Pequena e tranquila praia, situada a carón do tamén pequeño porto de arou.

PRAIA REGO DOS COIROS
Un areal tranquilo, escondido entre piñeirais, con area branca finísima e augas serenas, situado un pouco máis alá do Ariño.

PRAIA BRAÑA DE LAZO

ENSENADA DE ARNELAS
Esta enseada é un accidente xeográfico costeiro resultado da erosión do litoral que está situado fronte ao Cabo Vilán.

COIDAL DAS CASTAÑAS
Un tesouro xeomorfolóxico con praias de bolos e pedras esculpidas polo mar, resultado da erosión eólica e mariña.

MERENDEIRO DO CURRO
Situado á beira do mar, no paseo marítimo de Arou, é un lugar estupendo para descansar dun paseo ou simplemente gozar das fermosas vistas.

MERENDEIRO DO XAVIÑA

MIRADOIRO MERENDERO DE LOBEIRAS
Un lugar alto sobre a praia de Lobeiras, cunha vista fermosa da vila e das pedras de A Insua e A Negra, testemuñas de naufraxios.

MIRADOIRO DO CASTELO
Situado ao lado do Castelo, ofrece unha magnífica vista da ría de Camariñas, do porto e da veciña Muxía.

MIRADOR PUNTA CORVEIRO
"Un lugar con vistas únicas da enseada, do cabo e da duna rampante. Accesible en coche e a pé, ideal para disfrutar dun impresionante solpor."

MIRADOIRO DO ALTO DA PEDROSA
Desde este miradoiro natural, situado antes da baixada as praias de Reira, gozamos dunhas impresionantes vistas do cabo Vilán.

MIRADOIRO DE COREA
Situado fronte o concello, dende este miradoiro pódense contemplar unhas fermosísimas vistas do interior da Ría de Camariñas.

MIRADOIRO DE BRAÑA DE LAZO
Situado na praia do mesmo nome da pintoresca vila de Arou.

Miradoiro Alto da Vela
Un lugar de homenaxe ás mulleres dos mariñeiros que agardaban o regreso dos seus seres queridos do mar, ofrecendo vistas impresionantes.