Camariñas Explora
Máis de 20 rutas e 200 km para gozar de varias maneiras de Camariñas, a súa costa e o seu interior.
Máis de 20 rutas e 200 km para gozar de varias maneiras de Camariñas, a súa costa e o seu interior. Deseñado para diferentes ritmos e opcións a pé ou en bicicleta.
¿Queres explorar o territorio de Camariñas practicando deporte? Iso é o que che propoñemos con Camariñas Explora, unha selección de roteiros que poderás realizar de forma autoguiada para facer coa túa familia, en parella ou con amigos, camiñando, correndo ou en bicicleta. Todos os roteiros poderán seguirse mediante o uso dun smartphone, dunha forma moi sinxela, baixando a aplicación de balde, Wikiloc.