Camiño dos Faros
200 km ao longo do mar, percorrendo de leste a oeste, serás testemuña da maxia deste litoral, cos seus faros, aves, solpores e natureza virxe.

ESTATUA HOMENAXE OS MARIÑEIROS
En honra aos mariñeiros.
Esta estatua estivo en principio na escola marítimo pesqueira de Camariñas, e logo no paseo marítimo ata que sufriu un ataque vandálico e foi retirada. Hoxe, xa restaurada situase na zona de entrada ao porto en homenaxe os mariñeiros.
FUENTE: CONCELLO

CATAVENTO DE CAMELLE
Obra de José María Kaidea, situada ao final do paseo marítimo, ofrece unha impresionante vista panorámica do lugar.

PRAIA DE CAMELLE
Con forma de media lúa, esta praia situada na entrada da vila, no paseo marítimo, é de augas tranquilas, ideal para o baño de nenos e nenas.

MONUMENTO ÁS COMPAÑÍAS DE SALVAMENTO E AOS NÁUFRAGOS
Unha áncora no paseo marítimo honra ás compañías de salvamento de Camelle e ás vítimas do mar.

PORTO DE CAMELLE
Un lugar na costa dedicado a actividades pesqueiras e marisqueiras artesanais, destacando polbo, abadexo, ourizo e percebe. Conta con lonxa propia.

MUSEO MAN DE CAMELLE
Un espazo que alberga a ampla e descoñecida obra de Manfred Gnädinger: pinturas, debuxos, fotos e esculturas atopadas tras o seu falecemento en 2002.

CASA - MUSEO DO ALEMÁN
Un museo ao aire libre creado polo artista Manfred Gnädinger nos anos 60. Un lugar de fantasía e paz onde creou a súa obra.

MERENDEIRO DO CURRO
Situado á beira do mar, no paseo marítimo de Arou, é un lugar estupendo para descansar dun paseo ou simplemente gozar das fermosas vistas.

PRAIA DE AROU
Unha das mellores praias urbanas para o baño, con forma de media lúa, augas tranquilas, area branca e resgardada do vento. Conta co distintivo de Bandeira Azul.

MIRADOIRO DE BRAÑA DE LAZO
Situado na praia do mesmo nome da pintoresca vila de Arou.

MIRADOIRO MERENDERO DE LOBEIRAS
Un lugar alto sobre a praia de Lobeiras, cunha vista fermosa da vila e das pedras de A Insua e A Negra, testemuñas de naufraxios.

PRAIA DE LOBEIRAS
Situada fronte a uns illotes, é unha zona de extracción de percebes moi visitada por bañistas e percebeiros locais.

PORTO DE SANTA MARIÑA
Pequeno e privilexiado porto, protexido dos ventos do sur, coa principal adicación á captura do percebe.

MONTE BRANCO / duna
Na ensenada de Trece ergue-se a duna rampante máis alta da península, cunha altura de 150m. Aos seus pés, florecen os arbustos de caramiñas

PRAIA DO TRECE
É un areal de máis de 1.250 m, onde chegaron os 3 únicos superviventes do afundimento do HMS Serpent (1890), nun entorno paradisíaco.

CEMITERIO DOS INGLESES
Orixinado polo naufraxio do "Serpent" en 1890, é o único camposanto que só acolle vítimas de naufraxios.

PEDRA DOS NAMORADOS DE REIRA
Espectacular figura antropomórfica en pedra na Costa da Morte, representando a dous amantes prestes a bicarse co mar de fondo.

PRAIA DE REIRA

PEDRA DO OSO
É unha formación rochosa con forma de animal que atrae a moitos visitantes. Desapareceu en 2003 e reapareceu na Coruña, sen unha pata.

PEDROSA, A BALEA E AREA LONGA
Trátase de tres praias virxes ao norte do Cabo Vilán, resgardadas do vento do nordeste. Destacan polas súas vistas ao cabo, faro e illotes de Vilán de Fóra.

FOXO DOS LOBOS
Construción tradicional do s. XVI para cazar lobos, única na Coruña, emprega a costa como barreira natural, situada preto das praias de Reira.

MÁMOA DE REIRA
É un sepulcro megalítico cuberto por un túmulo, situado enfronte das praias do mesmo nome, de fácil acceso.

MIRADOIRO DO ALTO DA PEDROSA
Desde este miradoiro natural, situado antes da baixada as praias de Reira, gozamos dunhas impresionantes vistas do cabo Vilán.

ENSENADA DE ARNELAS
Esta enseada é un accidente xeográfico costeiro resultado da erosión do litoral que está situado fronte ao Cabo Vilán.

FARO VELLO
Antigo faro de 1854, de cuarta orde, coñecido pola súa torre de base octogonal. A súa ubicación e potencia limitada causaron puntos cegos.

FARO VILÁN
Situado a 75m de altura nun entorno de gran valor paisaxístico, este faro octogonal foi o primeiro eléctrico de España. Alberga un museo.

COIDAL DAS CASTAÑAS
Un tesouro xeomorfolóxico con praias de bolos e pedras esculpidas polo mar, resultado da erosión eólica e mariña.

ERMIDA DA VIRXE DO MONTE
Do s. XVIII acolle a romaría do Luns de Pascua, onde se honra a unha virxe mariña cunha procesión e rituais tradicionais.

PRAIA DE LAGO
Praia cun ambiente virxe. En forma de cala e base de area dourada. É unha praia con ondas moderadas e ventosa.

FARO DA VILLUEIRA
Un lugar con historia, onde se sitúa un antigo castelo e un faro que ilumina a ría, ideal para turistas.

ANTIGA PISCIFACTORÍA
O lado do faro da Villueira, podemos atopar as ruínas dunha antiga piscifactoría, que durante anos funcionou en Camariñas.

RUÍNAS DO CASTELO DO SOBERANO
Antiga fortaleza defensiva do século XVIII, construída para protexer a costa de ataques piratas, con muralla e troneiras. Desmantelada tras a Guerra Civil.

CLUB NÁUTICO
Un dos primeiros clubs náuticos da zona, moi transitado. Ofrece amarres, asistencia técnica, mantemento e reparación de embarcacións, subministracións e wifi.

ESTATUA HOMENAXE OS MARIÑEIROS
En honra aos mariñeiros.

BARÓMETRO DO SERPENT
Un agasallo da raíña inglesa en agradecemento polo auxilio a superviventes e rescate de corpos do naufraxio

CAPELA DO VIRXE DO CARME
Pequena capela mariñeira fronte ao porto, de estilo barroco do s. XVIII. Celebrase a festa do Carme o 16 de xullo cunha procesión marítima ata Muxía.

CANÓNS DO CASTELO
Antigos canóns de defensa portuaria, hoxe restaurados, decoran os xardíns do paseo marítimo.

ESTATUA DA VIRXE DO CARME
En honor a patroa dos mariñeiros, esta estatua está situada no paseo marítimo de Camariñas, vila mariñeira por excelencia.

ESTATUA DA DANZA DE ARCOS
Homenaxe cunha estatua á tradicional "Danza de Arcos", danza mariñeira celebrada os días 16 e 17 de xullo, con máis de cen anos de historia.

POSTE DOS IRMANDAMENTOS
Un poste preto da Estatua da Muller mostra a irmandade con municipios de Canarias, Italia, Portugal, Francia e Suiza.

MONUMENTO A MOSTRA DO ENCAIXE
As letras de pedra formando o nome de Camariñas renden homenaxe á Mostra do Encaixe, que se celebra cada Semana Santa desde 1990.

ESTATUA DA MULLER
Monumento premiado pola FEMP situado diante da Casa de Pedra, recoñecendo o labor para mellorar a vida das mulleres e promover o encaixe de palillos.

MONUMENTO Á PALILLEIRA
Unha estatua na praza de Insuela honra ás mulleres que elaboran a famosa artesanía do encaixe de palillos.

MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
Un espazo que difunde a artesanía do encaixe, con pezas antigas e deseños recuperados. Dispón de exposicións permanentes e temporais.

MIRADOIRO DE COREA
Situado fronte o concello, dende este miradoiro pódense contemplar unhas fermosísimas vistas do interior da Ría de Camariñas.

LA CONSERVERÍA
Pequeno museo onde se pode ver a evolución da industria conserveira a través de maquinaria antiga e latas históricas.

PRAIA AREA DA VILA
Situada aos pes da ermida da Virxe do Monte, e unha praia de entorno virxe con forma de enseada e augas tranquilas.

PRAIA DE LINGUDE
Unha praia urbana de 200m, con forma de media lúa, de augas tranquilas e area branca. Ideal para a cativada, ten parque infantil.

PRAIA ARIÑA BRANCA
Belida praia de area fina e augas limpas, resgardada do vento nordés, perfecta para disfrutar coa familia. Vistas fermosas da ría.

MERENDEIRO DO XAVIÑA

PRAIA REGO DOS COIROS
Un areal tranquilo, escondido entre piñeirais, con area branca finísima e augas serenas, situado un pouco máis alá do Ariño.

PRAIA E ÁREA RECREATIVA DO ARIÑO
Unha praia moi popular, con vistas espectaculares sobre a ría, rodeada de un piñeiral tranquilo con zonas de lecer. Tamén é unha zona rica en marisco

PONTE DA PONTE DO PORTO
Construción medieval do século XIII cun total de catro arcos que unen as beiras dun río grande.

IGREXA PARROQUIAL DE PONTE DO PORTO
Edificio relixioso do século XX con arquitectura de nave única e cuberta a tres augas. Destaca polos seus retablos neoclásicos de alto valor artístico.