Cemiterio dos Ingleses
Memorial en pedra do tráxico afundimento nesta costa do barco británico "The Serpent"

Orixinado polo naufraxio do "Serpent" en 1890, é o único camposanto que só acolle vítimas de naufraxios. Hoxe, forma parte do Roteiro Europeo dos Cemiterios Singulares.

A orixe deste cemiterio remóntase ao naufraxio do buque da Royal Navy “Serpent” no 1890, no que tan só houbo tres superviventes dos seus 175 tripulantes, aínda que antes xa foron enterradas alí as vítimas do naufraxio do Iris en 1983 e, máis tarde, en 1893, tamén as do Trinacria, ambos barcos británicos que naufragaran nas inmediacións. É o único cemiterio do mundo que alberga só vítimas de naufraxios. Está situado nun lugar de gran beleza desde o que se pode admirar a duna rampante de Monte Branco. Na actualidade, está incluído no Roteiro Europeo dos Cemiterios Singulares, declarado Itinerario Cultural Europeo.