Mapa Etapa Arou - Camariñas

200 km ao longo do mar, percorrendo de leste a oeste, serás testemuña da maxia deste litoral, cos seus faros, aves, solpores e natureza virxe.

MONTE BRANCO / duna

MONTE BRANCO / duna

Na ensenada de Trece ergue-se a duna rampante máis alta da península, cunha altura de 150m. Aos seus pés, florecen os arbustos de caramiñas

Na enseada de Trece, e sobre unha da ladeiras do Monte Branco, levántase a duna rampante máis alta da península, con 150 m. Aos seus pés crecen as caramiñas (Corema album). Destes arbustos en perigo de extinción, e que aquí teñen a maior reserva do noroeste español, procede o nome do municipio. Precisamente, a zona máis virxe de Camariñas atópase entre as praias de Trece e a duna do Monte Branco.