Que facer en dous días

Camariñas é unha das localidades máis atractivas da Costa da Morte, pero se non tes moito tempo para visitala propoñemos un plan para dous días.

RUTA DA INSUA

RUTA DA INSUA

Un itinerario circular que comeza e remata na praia e merendeiro de O Ariño. Un paseo fácil e plano, bordeando praias e costa, con fermosas vistas mariñeiras.
Este itinerario circular comeza e termina na praia e merendeiro de O Ariño. É unha ruta fácil e sen grandes desniveis, que percorre a península da Insua bordeando as praias e a liña costeira da ría de Camariñas, polo que se goza continuamente de paisaxes marítimas moi fermosas. FUENTE: CONCELLO