Cabo Faro Vilán

Alumeando todos os barcos que transitan por esta costa dende 1896, é unha visita imprescindible pola súa localización e pola historia que alberga o seu museo.

FARO VELLO

FARO VELLO

Antigo faro de 1854, de cuarta orde, coñecido pola súa torre de base octogonal. A súa ubicación e potencia limitada causaron puntos cegos.
O antigo Faro Vilán, comezou a funcionar en 1854 como faro de cuarta orde, pero a súa pouca potencia, e o mal emprazamento, pois o promontorio onde se asenta o actual faro facía que tivera puntos cegos, fixeron que se iníciase o proxecto do faro actual. Hoxe conservase aínda a torre de base octogonal.