Caprichos naturais
Figuras antropomórficas, monumentos de pedra que esculpen os caprichos da natureza

PEDRA DO OSO
É unha formación rochosa con forma de animal que atrae a moitos visitantes. Desapareceu en 2003 e reapareceu na Coruña, sen unha pata.
É unha estrutura de pedra con forma de oso sobre unha base plana. Esta figura é un dos lugares máis fotografados de Camariñas e atrae a atención dos visitantes. Parte da súa fama actual débese a que no ano 2003 a pedra desapareceu misteriosamente da súa ubicación. Poucos días despois de que se alertara da subtracción, a figura foi localizada na Coruña, cidade ata a que fora transportada para empregala como ornamento dunha nova construción. A Pedra do Oso regresou a Reira sen unha das súas patas, aínda que o suceso axudou a poñer en valor este monumento natural.

COIDAL DAS CASTAÑAS
Un tesouro xeomorfolóxico con praias de bolos e pedras esculpidas polo mar, resultado da erosión eólica e mariña.

PEDRA DO OSO
É unha formación rochosa con forma de animal que atrae a moitos visitantes. Desapareceu en 2003 e reapareceu na Coruña, sen unha pata.

PEDRA DOS NAMORADOS DE REIRA
Espectacular figura antropomórfica en pedra na Costa da Morte, representando a dous amantes prestes a bicarse co mar de fondo.

MIRADOIRO DO ALTO DA PEDROSA
Desde este miradoiro natural, situado antes da baixada as praias de Reira, gozamos dunhas impresionantes vistas do cabo Vilán.

BELÉN DO MONTE PEDROSO
Outro dos caprichos da natureza que nos lembra a imaxe das hieráticas figuras dun portal de Belén pétreo