Museos
Imprescindible para coñecer a cultura, as historias e as tradicións da nosa xente que vive fronte ao mar.

CASA - MUSEO DO ALEMÁN
Un museo ao aire libre creado polo artista Manfred Gnädinger nos anos 60. Un lugar de fantasía e paz onde creou a súa obra.
Este é un orixinal museo ao aire libre creado polo artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o alemán de Camelle, que chegou a esta vila nos 60 do século XX. Aquí creou o seu edén de fantasía e soidade, o lugar que lle deu a paz interior que buscaba e onde dar vida á súa obra.
Ao visitante solicitáballe que debuxase no seu cadernos, sendo unha forma de relacionarse cos demais xa que en «cada papel está a alma de cada un e o meu obxectivo é facer un gran rañaceos con todas elas», adoitaba dicir.
O naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, os seus fillos como el chamábaos. Non o puido superar o impacto e morreu o Día dos Santos Inocentes de 2002.
FUENTE: CONCELLO

CASA - MUSEO DO ALEMÁN
Un museo ao aire libre creado polo artista Manfred Gnädinger nos anos 60. Un lugar de fantasía e paz onde creou a súa obra.

MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
Un espazo que difunde a artesanía do encaixe, con pezas antigas e deseños recuperados. Dispón de exposicións permanentes e temporais.

MUSEO MAN DE CAMELLE
Un espazo que alberga a ampla e descoñecida obra de Manfred Gnädinger: pinturas, debuxos, fotos e esculturas atopadas tras o seu falecemento en 2002.

FARO VILÁN
Situado a 75m de altura nun entorno de gran valor paisaxístico, este faro octogonal foi o primeiro eléctrico de España. Alberga un museo.

LA CONSERVERÍA
Pequeno museo onde se pode ver a evolución da industria conserveira a través de maquinaria antiga e latas históricas.