Museos
Imprescindible para coñecer a cultura, as historias e as tradicións da nosa xente que vive fronte ao mar.

MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
Un espazo que difunde a artesanía do encaixe, con pezas antigas e deseños recuperados. Dispón de exposicións permanentes e temporais.
Museo que promove o coñecemento e a difusión do o encaixe de Camariñas, unha artesanía que pervive desde hai séculos en Camariñas e outros lugares da Costa da Morte. A recuperación de antigas pezas e deseños é outro dos piares nos que se basea este centro. Conta con dúas salas de exposicións, unha permanente onde se poden apreciar mantelos, veos e outras pezas con máis de dous séculos de antigüidade, e outra sala con exposicións temporais, así como diferentes utensilios e materiais utilizados para a elaboración do encaixe de palillos.
FUENTE:CONCELLO

CASA - MUSEO DO ALEMÁN
Un museo ao aire libre creado polo artista Manfred Gnädinger nos anos 60. Un lugar de fantasía e paz onde creou a súa obra.

MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
Un espazo que difunde a artesanía do encaixe, con pezas antigas e deseños recuperados. Dispón de exposicións permanentes e temporais.

MUSEO MAN DE CAMELLE
Un espazo que alberga a ampla e descoñecida obra de Manfred Gnädinger: pinturas, debuxos, fotos e esculturas atopadas tras o seu falecemento en 2002.

FARO VILÁN
Situado a 75m de altura nun entorno de gran valor paisaxístico, este faro octogonal foi o primeiro eléctrico de España. Alberga un museo.

LA CONSERVERÍA
Pequeno museo onde se pode ver a evolución da industria conserveira a través de maquinaria antiga e latas históricas.