Os nosos Portos
Imprescindible para coñecer a cultura, as historias e as tradicións da nosa xente que vive fronte ao mar.

PORTO DE CAMARIÑAS
Dependente das actividades marítimas e comerciais, é o porto pesqueiro máis importante da Costa da Morte, destacando a sardiña e o polbo.
A economía do municipio depende, en gran medida, das actividades relacionadas co mar e coa comercialización das capturas. O porto pesqueiro é o de maior peso comercial da Costa da Morte, fundamentalmente debido a especies como a sardiña e o polbo. Conta tamén con confraría de pescadores, agrupación de mariscadoras e percebeiros, así como cunha das conserveiras de maior tradición da Costa da Morte, o Grupo Cerdeimar, e empresas de preparación e elaboración de polbo, algas e mariscos.
FUENTE: CONCELLO

PORTO DE CAMARIÑAS
Dependente das actividades marítimas e comerciais, é o porto pesqueiro máis importante da Costa da Morte, destacando a sardiña e o polbo.

PORTO DE CAMELLE
Un lugar na costa dedicado a actividades pesqueiras e marisqueiras artesanais, destacando polbo, abadexo, ourizo e percebe. Conta con lonxa propia.

PORTO DE AROU
Pequeno pobo pintoresco cunha economía de autoabastecemento, barcos e nasas para peixes, hortas e hórreos. Conta cunha praia de area branca e augas tranquilas

PORTO DE SANTA MARIÑA
Pequeno e privilexiado porto, protexido dos ventos do sur, coa principal adicación á captura do percebe.