Que facer nun día
Se só tes un día para visitarnos, aquí vos deixamos unha proposta para visitar Camariñas e deixarvos con ganas de máis.

IGREXA DE SANTA MARÍA DE XAVIÑA
Antiga igrexa románica do século XII con nave e ábsida únicas, destacando polo seu estilo galego e influencias de Praterías de Santiago.
Igrexa románica do século XII que presenta unha nave e ábsida únicas, con cuberta de bóveda de canón, que no caso da nave foi substituída por unha cuberta a dúas augas.
As pegadas de estilo románico galego podemos atopalas tanto no lado norte como no sur no característico lintel pentagonal, no interior nos capiteis vexetais, como por exemplo nas xanelas e nos canzorros da ábsida. Destaca o arco triunfal de medio punto lixeiramente peraltado, dobrado e sostido por dous pares de columnas, seguindo a disposición habitual da contorna, que leva neste caso a Santa Mariña, Leis e Cereixo.
No exterior, a xanela da ábsida mostra unha decoración con posibles influxos do románico de Praterías da catedral de Santiago de Compostela polo uso do arco tetralobulado.
FUENTE: CONCELLO

PASEO MARÍTIMO DE CAMARIÑAS
Un lugar perfecto para comezar a explorar a nosa vila, cunha oficina de turismo e unha vista panorámica do porto e do club náutico.

MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
Un espazo que difunde a artesanía do encaixe, con pezas antigas e deseños recuperados. Dispón de exposicións permanentes e temporais.

FARO VILÁN
Situado a 75m de altura nun entorno de gran valor paisaxístico, este faro octogonal foi o primeiro eléctrico de España. Alberga un museo.

PORTO DE AROU
Pequeno pobo pintoresco cunha economía de autoabastecemento, barcos e nasas para peixes, hortas e hórreos. Conta cunha praia de area branca e augas tranquilas

MUSEO MAN DE CAMELLE
Un espazo que alberga a ampla e descoñecida obra de Manfred Gnädinger: pinturas, debuxos, fotos e esculturas atopadas tras o seu falecemento en 2002.

PONTE DA PONTE DO PORTO
Construción medieval do século XIII cun total de catro arcos que unen as beiras dun río grande.

IGREXA DE SANTA MARÍA DE XAVIÑA
Antiga igrexa románica do século XII con nave e ábsida únicas, destacando polo seu estilo galego e influencias de Praterías de Santiago.