Que facer nun día

Se só tes un día para visitarnos, aquí vos deixamos unha proposta para visitar Camariñas e deixarvos con ganas de máis.

MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Un espazo que difunde a artesanía do encaixe, con pezas antigas e deseños recuperados. Dispón de exposicións permanentes e temporais.
Museo que promove o coñecemento e a difusión do o encaixe de Camariñas, unha artesanía que pervive desde hai séculos en Camariñas e outros lugares da Costa da Morte. A recuperación de antigas pezas e deseños é outro dos piares nos que se basea este centro. Conta con dúas salas de exposicións, unha permanente onde se poden apreciar mantelos, veos e outras pezas con máis de dous séculos de antigüidade, e outra sala con exposicións temporais, así como diferentes utensilios e materiais utilizados para a elaboración do encaixe de palillos. FUENTE:CONCELLO