Camariñas Explora

Más de 20 rutas para disfrutar de diversas maneras de Camariñas, su costa y su interior. Pensadas para distintos ritmos y opciones a pie o en bicicleta.

Camelle - Miradoiro de Lobeiras

Camelle - Miradoiro de Lobeiras

Ruta polivalente con acceso a un miradoiro e zona de cantís. Pasamos polo Museo de Man, praias e pequenos portos, con vistas ao Atlántico.
Ruta polivalente, apta para todo tipo de actividades, dende unha agradable andaina ata un adestramento correndo ou mesmo un paseo en bicicleta. É un itinerario circular con dúas derivacións que nos permiten acceder ao miradoiro de Lobeiras e á zona de cantís máis achegada ao mar. Este trazado lévanos a través do litoral, pasando polo afamado Museo de Man, un orixinal museo ao aire libre creado polo artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como «Man, o alemán de Camelle». A súa obra e legado trasladouse ao museo que leva o seu nome situado na rúa do Peirao. Na nosa ruta tamén poderemos visitar varias praias e pequenos portos ata chegarmos ao Miradoiro de Lobeiras e ás súas fantásticas vistas do océano Atlántico.