Camariñas Explora

Más de 20 rutas para disfrutar de diversas maneras de Camariñas, su costa y su interior. Pensadas para distintos ritmos y opciones a pie o en bicicleta.

Ruta dos Naufraxios

Ruta dos Naufraxios

Un lugar central na historia da Costa da Morte, co faro Vilán e máis de 50 naufraxios. Ofrece audiorrelatos con feitos históricos e lendas.
Camariñas ten un lugar central na historia da Costa da Morte e, especialmente, na historia dos naufraxios. Son testemuña o faro Vilán —referente na historia da navegación e primeiro de España en empregar a luz eléctrica— e o máis de medio centenar de naufraxios acaecidos na costa deste concello. Nada mellor que o imaxinario e o conto para resumir de forma amena parte dos referentes históricos sobre estes naufraxios. Por iso, a ruta ofrece audiorrelatos, que se poden descargar mediante QR, nos que se funden os feitos históricos coas lendas e que se poden escoitar fronte ao mar grazas á tecnoloxía da realidade aumentada.