Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

ERMIDA DA VIRXE DO MONTE

ERMIDA DA VIRXE DO MONTE

Do s. XVIII acolle a romaría do Luns de Pascua, onde se honra a unha virxe mariña cunha procesión e rituais tradicionais.

Esta ermida atópase nos arredores da vila, nun promontorio de alto valor paisaxístico desde o que se divisan a punta da Barca (Muxía) e o faro Vilán. De estilo barroco (s. XVIII), presenta unha planta dividida en dous tramos con coro e conta cun anexo (nártice) lateral no muro sur. A fachada sinxela e simétrica, sen decoración, conta cunha sinxela espadana cun só oco formado por un arco de medio punto. Durante a romaría do Luns de Pascua, lévase en procesión a imaxe da Virxe desde Camariñas ata a ermida, onde se lle da tres voltas ao redor do templo. Segindo a tradición, acéndese unha vela diante da imaxe cando una persoa está ausente para que a virxe, que segundo a lenda apareceu no mar, lembre ao ofrecido. Testemuño destes rituais son os exvotos de barcos que aparecen no recinto.