Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

MONUMENTO Á PALILLEIRA

MONUMENTO Á PALILLEIRA

Unha estatua na praza de Insuela honra ás mulleres que elaboran a famosa artesanía do encaixe de palillos.

O Monumento á Palilleira, figura esencial na vida económica da vila, preside a céntrica praza de Insuela en homenaxe as mulleres que elaboran a artesanía do encaixe de palillos e polas que Camariñas é coñecida internacionalmente.