Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

RUÍNAS DO CASTELO DO SOBERANO

RUÍNAS DO CASTELO DO SOBERANO

Antiga fortaleza defensiva do século XVIII, construída para protexer a costa de ataques piratas, con muralla e troneiras. Desmantelada tras a Guerra Civil.

O castelo ou batería do Soberano é un exemplo dos enclaves defensivos construídos para facer fronte ás incursións que tiveron lugar en gran parte da costa galega, durante os séculos XVI, XVII e XVIII. O castelo do Soberano, finalizado durante o reinado de Carlos III (1759-1788), aínda que comezado durante o reinado de Felipe V (1700-1746), tivo como obxectivo defender a ría de Camariñas dos ataques de piratas ingleses e holandeses. Esta batería estaba formada por unha muralla con dezasete troneiras de catro metros de profundidade e un ángulo de tiro sobre a ría de 180 graos. Constaba dun recinto posterior, a modo de canoneira, para defender a fronte de terra, cun baluarte e dous medios, un foxo ante eles, e a entrada pola cara lateral do baluarte central. O muro defensivo abarcaba unha fronte de 120 metros repletos de troneiras. Tras a Guerra Civil foi desmantelado e os seus perpiaños foron utilizados para a construción do peirao. Con esta finalidade, colocáronse uns raís desde o castelo ata a vila e, por medio de vagóns transportaron, pedra a pedra, toda a cantaría da batería do Soberano.