Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

FOXO DOS LOBOS

FOXO DOS LOBOS

Construción tradicional do s. XVI para cazar lobos, única na Coruña, emprega a costa como barreira natural, situada preto das praias de Reira.
O Foxo dos Lobos de Camariñas é unha construción tradicional (s. XVI) que servía para cazar lobos, sendo única na provincia da Coruña. Ten a singularidade de empregar como barreira natural a liña de costa ao situarse xunto ás praias de Reira. No vértice dos seus muros en forma de V hai un pozo de 2 metros onde se precipitaba o animal tras unha ruidosa batida. As outras trampas existentes en Galicia sitúanse nas montañas de Lugo e Ourense.FUENTE: CONCELLO