Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

MONUMENTO ÁS COMPAÑÍAS DE SALVAMENTO E AOS NÁUFRAGOS

MONUMENTO ÁS COMPAÑÍAS DE SALVAMENTO E AOS NÁUFRAGOS

Unha áncora no paseo marítimo honra ás compañías de salvamento de Camelle e ás vítimas do mar.

Situada no paseo marítimo, unha áncora serve de recordo tanto ás compañías de salvamento de Camelle, que durante anos axudaron no rescate de naufraxios, así como a persoas da localidade que faleceron no mar.