Igrexas de Camariñas
Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

IGREXA PARROQUIAL DE PONTE DO PORTO
Construída a mediados do século XX, substitúe ao santuario de San Roque que se situaba no mesmo lugar, pero co acceso de entrada orientado cara á ponte. A súa arquitectura presenta unha planta de nave única e con cuberta a tres augas. No exterior destaca en volume e proporcións o campanario na parte central do edificio. Destaca na decoración interior os retablos maiores e da Virxe do Rosario, ambos de alto valor artístico e de estilo neoclásico, obras de Xosé Ferreiro e do seu taller. Tamén é de notable importancia o retablo da Virxe de Guadalupe e da Virxe do Carmen, que fan que esta igrexa sexa un punto de interese para rutas culturais de arte relixiosa.




















