Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

ESTATUA DA DANZA DE ARCOS

ESTATUA DA DANZA DE ARCOS

Homenaxe cunha estatua á tradicional "Danza de Arcos", danza mariñeira celebrada os días 16 e 17 de xullo, con máis de cen anos de historia.

Estatua en honor da “Danza de Arcos”, unha danza gremial de mariñeiros que se baila os días 16 e 17 de xullo en honor a virxe do Carme. Os danzantes, que van vestidos de branco e engalanados con panos que pasan de pais a fillos, entrelazan os arcos de madeira engalanados con papeis de vivas cores, nunha danza que percorre a vila. Esta danza ten unha antigüidade de mais de cen anos, e foi traída a Camariñas polos mariñeiros de Cariño que viñeron a traballar nos barcos do cerco.