Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

IGREXA DE SANTA MARÍA DE XAVIÑA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE XAVIÑA

Antiga igrexa románica do século XII con nave e ábsida únicas, destacando polo seu estilo galego e influencias de Praterías de Santiago.
Igrexa románica do século XII que presenta unha nave e ábsida únicas, con cuberta de bóveda de canón, que no caso da nave foi substituída por unha cuberta a dúas augas. As pegadas de estilo románico galego podemos atopalas tanto no lado norte como no sur no característico lintel pentagonal, no interior nos capiteis vexetais, como por exemplo nas xanelas e nos canzorros da ábsida. Destaca o arco triunfal de medio punto lixeiramente peraltado, dobrado e sostido por dous pares de columnas, seguindo a disposición habitual da contorna, que leva neste caso a Santa Mariña, Leis e Cereixo. No exterior, a xanela da ábsida mostra unha decoración con posibles influxos do románico de Praterías da catedral de Santiago de Compostela polo uso do arco tetralobulado. FUENTE: CONCELLO