Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

CAPELA DO VIRXE DO CARME

CAPELA DO VIRXE DO CARME

Pequena capela mariñeira fronte ao porto, de estilo barroco do s. XVIII. Celebrase a festa do Carme o 16 de xullo cunha procesión marítima ata Muxía.
Capela situada fronte ao porto de Camariñas e de advocación típica mariñeira. As súas dimensións e factura son modestas, incluída a espadana que presenta un oco único. Dunha soa nave, con bóveda de canón e arcos de medio punto rebaixados salvo na capela maior con bóveda de aresta. O seu retablo do circulo de Romay é de estilo barroco de principios do s. XVIII. Está adicada á Virxe do Carme, protectora dos mariñeiros. A festividade do Carme celébrase o 16 de xullo, cando a imaxe da Virxe, sacada da capela para a ocasión, suca as augas da ría ata Muxía nunha procesión marítima. FUENTE: CONCELLO