Igrexas de Camariñas

Monumentos adicados á xente do mar e as súas tradicións, e capelas e igrexas onde recuperar a esperanza das vidas que leva o mar.

ESTATUA DA MULLER

ESTATUA DA MULLER

Monumento premiado pola FEMP situado diante da Casa de Pedra, recoñecendo o labor para mellorar a vida das mulleres e promover o encaixe de palillos.

Situada diante da Casa de Pedra de Camariñas, este monumento foi un premio concedido pola FEMP ao Concello de Camariñas «polo gran labor realizado para a mellora da calidade de vida das mulleres do seu municipio e a súa contorna», grazas á posta en marcha dun plan para a promoción do encaixe de palillos.